Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
O luns 4 de setembro na vila de Malpica de Bergantiños comezará a rodaxe da nova curta do realizador santiagués Jairo Iglesias. Belén Constenla protagoniza xunto a Miguel Borines, María Castro e Fernando Morán unha historia de amor e soidade na costa da morte. ‘Ó marido de Rosa levouno o mar fai tempo e intenta vivir dos recordos, pero descobre que non son suficientes para calmar o baleiro de tantos anos de soidade’ en palabras do director. Supón a primeira curta en galego do realizador santiagués ‘porque esta historia non tería sentido noutra lingua, é unha historia galega, próxima e real’. A curta conta co apoio da Xunta de Galicia, producida por produccionesRETRATO e coproducida por Formatoriginal. Tamén contan coa colaboración do Concello de Malpica, PousadaSon e Dobleclic.info. Na páxina web www.rosadosventos.es pódese ler un diario de rodaxe do director mentres está sendo deseñada outra páxina web especial para a promoción. Tamar Novas foi o director de cásting da curta, facendo un traballo espléndido, e o equipo que traballou con Iglesias nos seus anteriores traballos mantense practicamente igual. A curta terá unha duración aproximada de 17 minutos e gravarase en Alta Definición. DURACIÓN APROXIMADA 17 minutos. FORMATO DE GRAVACIÓN ALTA DEFINICIÓN LOCALIZACIÓNS MALPICA DE BERGANTIÑOS ( A CORUÑA) RODAXE SETE DÍAS O marido de Rosa non volverá. Levouno o mar.Ela busca consolo nos recordos pero descobre que non son suficientes para calmar o baleiro de tantos anos de soidade. CONTACTO Para máis información pode contactar en: PÁXINA WEB DA CURTA – www.rosadosventos.es |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras